luns, 17 setembro 2018

Caballero di que no Memorial Paco Araújo, este sábado en Navia, haberá "máxima calidade" porque "o Celta Zorka fai un xogo que emociona"

luns, 17 set 2018

O alcalde presentou a terceira edición do Memorial Paco Araújo, que se xogará entre o Celta Zorka (Liga Feminina 2) e o Embutidos Pajariel de Bembibre (Liga Día), con entrada de balde, este sábado 22 ás 19:30 horas no Multiusos de Navia. Abel Caballero asegurou o apoio municipal "polo que significa de homenaxe a unha persoa tan importante como Paco e que deixou tantos amigos", explicou.