O Concello de Vigo, recoñecido en cinco boas prácticas pola Rede de Transparencia
Segundo revelou este luns Abel Caballero, a Rede de Entidades Locais pola Transparencia distingue cinco boas prácticas do Concello de Vigo, o que sitúa ao executivo vigués "á cabeza da transparencia". Información sobre os contratos menores, expedientes da Xunta de Goberno ou resolucións xudiciais, entre as recoñecidas.
A primeira das cinco boas prácticas recoñecidas ao Concello de Vigo refírese á utilización de fichas técnicas de indicadores de transparencia, como instrumento de garantía da información publicada no Portal de Transparencia municipal.
A segunda é o acceso electrónico inmediato á información da Xunta de Goberno Local por parte de todos os concelleiros da Corporación, que inclúe todos os expedientes unha vez son aprobados; a terceira é a publicación no Portal de Transparencia de todas as resolucións xudiciais nas que teña parte o Concello de Vigo; a cuarta boa práctica distinguida é a publicación automática e actualizada de todos os contratos menores do Concello. Por último, o Concello vigués ve recoñecido o seu grupo técnico de traballo e transparencia, de apoio ás solicitudes de acceso á información pública.
Abel Caballero puxo en valor que estes recoñecementos da Rede sitúan ao Concello de Vigo "á cabeza da transparencia".