O Concello remite o proxecto de centro de saúde de Bouzas á Xunta para informe de Patrimonio
O alcalde criticou que a Xunta de Galicia remitira ao Concello o proxecto sen o pertinente aval de Patrimonio Histórico da propia administración autonómica, por estar a parcela en zona de cautela histórica. Abel Caballero censurou que o Concello cedeu o solo en 2008: "dez anos de atraso e o que envían non vale".
O Concello de Vigo recibiu o proxecto o pasado 10 de setembro e xa foi remitido á Xunta de Galicia para o seu visto bo por parte de Patrimonio Histórico. O alcalde denunciou que a solicitude de licencia chega sen este aval previo, co que a concesión da autorización municipal non pode ser sequera considerada.
Abel Caballero recordou que o goberno vigués adquiriu unha parcela anexa á alameda Suárez Llanos e cedeuna de balde á Xunta de Galicia en 2008 para a construción dun centro de saúde para Bouzas. O rexedor asegurou este venres que o envío do proxecto ao Concello sen o visto bo de Patrimonio Histórico "non é un esquecemento casual" por parte da Xunta de Galicia. "Dez anos de atraso e o que envían non vale para nada", concluíu Caballero.
Descargar todas as imaxes