Todos os alumnos que solicitaron o programa de Vigo en inglés conseguiron a súa bolsa
Un total de 750 alumnos partirán nos próximos días a Irlanda ou a Inglaterra para gozar da súa bolsa de idiomas durante tres semanas. Neste 2018, o Concello outorga 842 achegas -das que 92 son para a Escola de Idiomas- cun importe de máis de 1,8 millóns de euros.
O próximo luns 17 de setembro sairán cara Inglaterra os primeiros 38 alumnos que este ano gozarán dunha estadía en Inglaterra dentro do programa municipal Vigo en inglés. O martes 18 viaxarán 71 a Inglaterra e Irlanda; o xoves 20, 172; o venres, 158; o sábado, 90; o domingo 112 e, finalmente, o luns 24 sairán os últimos cen bolseiros.
Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, este ano acadaron a súa bolsa todos os alumnos que a solicitaron e que cumprían os requisitos esixidos. Este ano o Concello de Vigo concedeu 750 prazas e adica 1,7 millóns ao programa para o alumnado de 3º da ESO. Ademais, hai outras 92 bolsas para o alumnado da sede viguesa de Escola de Idiomas, por importe de 160.000 euros. Así, en 2018 o Concello financia 842 estadías para aprender idiomas por un importe superior a 1,8 millóns.