Escoitar

O Concello xa fixo a clasificación de ofertas do concurso para revisar e actualizar o PXOM

O concurso de adxudicación da revisión do Plan Xeral e de actualización da cartografía se resolverá definitivamente nas próximas semanas. Trátase dun paso de "xigante" na redacción do PXOM posto que en dez días a mesa de contratación se reunirá de novo para adxudicar definitivamente o contrato, unha vez as empresas elixidas acheguen a documentación acreditativa pertinente.

venres, 14 set 2018
O alcalde deu conta hoxe venres de que a mesa de contratación para adxudicar o revisión do Plan e a cartografía xa fixo a clasificación de ofertas. As empresas clasificadas en primeiro lugar teñen agora dez días para acreditar os méritos presentados e amosar estar ao corrente coas obrigas administrativas que impón o contrato. Cando a documentación estea completa, a mesa de contratación volverá reunirse para facer un proposta definitiva de adxudicación, que deberá ser aprobada no Consello da Xerencia.

Desde a sinatura do contrato, a empresa que vai revisar o Plan Xeral contará con dous meses para presentar un documento de diagnóstico socioeconómico e a empresa de cartografía terá un ano para actualizar a pertinente documentación a partir do voo fotogramétrico que xa se realizou este verán.

Tal e como lembrou, foron 11 as empresas que se presentaron ao concurso de actualizar a cartografía do PXOM e 5 para revisar o Plan, cun orzamento total de licitación do contrato de 2,7 millóns.