xoves, 13 set 2018
Caballero criticou a actividade do Consorcio do Casco Vello que está "practicamente paralizado" tal e como demostra os 400.000 euros de previsión de investimentos para o ano 2019. Solicitará unha reunión "urxente" para pedir que este orzamento se eleve a 2,5 millóns e que se faga unha nova achega de capital de 5 millóns.
xoves, 13 set 2018
O goberno local ten en marcha nestes momentos a construción de 4 novos pavillóns deportivos: Quirós, Romil e dous baixo a grada de Río de Balaídos. Ademais, tamén conta con proxecto e partida orzamentaria- 3 millóns- para o de Matamá, paralizado pola Xunta de Galicia.
xoves, 13 set 2018
Concello e Attica 21 Hoteis SLU asinaron esta mañá a escritura notarial de venda do antigo hotel Samil por un prezo de 3,2 millóns de euros. A adxudicataria prevé investir máis de 20 millóns e está previsto que os traballos de construción do novo complexo arranquen a principios de 2019.
xoves, 13 set 2018
Dezaseis compañías, nove delas galegas, actuarán no Auditorio do Concello dentro da programación municipal de Artes Escénicas de outono VigoCultura. "Vigo liberouse de complexos e somos unha fábrica de xerar cultura", asegurou Caballero, que lembra que o ano pasado houbo 40.000 asistentes e máis de 275 actividades.
xoves, 13 set 2018
Abel Caballero e Carmela Silva presentaron esta mañá o roteiro literario da Deputación, que este sábado chega a Vigo coa escritora Ledicia Costas como guía excepcional. A escritora, Premio Nacional de Literatura Infantil, realizará un percorrido partindo da súa obra " Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta"