O Concello adica 1,1 millóns de euros a cubrir patios de colexio, competencia da Xunta
Abel Caballero saudou esta mañá aos alumnos de infantil e primaria que inician o seu curso escolar no CEIP Carballal, unha parte dos 23.333 alumnos que hoxe regresan ás aulas en Vigo. Durante o acto, lembrou que o Concello está a investir 1,1 millóns de euros en cubrir catro patios de colexios, aínda que se trata dunha competencia autonómica.
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ao CEIP Carballal para participar na inauguración do curso escolar, que supón a volta ás aulas viguesas de 23.333 alumnos, dos que 16.351 comezan en Primaria e 6.982, en Infantil. Logo de dar a benvida aos estudantes, Caballero aproveitou a visita para inspeccionar as obras de cobertura do patio, practicamente rematadas, e nas que se investiron 285.000 euros. "Estamos encantados de facelo", anotou.
Tal e como explicou, tamén se están a acometer obras para cubrir o patio do Rocío, cun custo de 275.000 euros. Ademais, dentro dos investimentos de 2017, figuran outros 552.000 euros para realizar obras noutros dous colexios: no García Barbón e no Canicouva. Deste xeito, o orzamento municipal para a cobertura de patios ascende a 1,1 millóns.
A esta relación hai que sumar que o goberno local ten en proxecto as cubertas do Pintor Laxeiro e Balaídos, "pagados tamén polo Concello", ademais doutras peticións "que imos atender", todas elas competencia da Xunta, como son: Carlos Casares, Javier Sensat, Doblada, Fontescura, Valle Inclán, Josefa Alonso, Otero Pedraio e Frián-Teis. "A Xunta de Galicia en Vigo brilla pola súa ausencia", valorou o alcalde, "e na educación, todavía máis".
Descargar todas as imaxes