Escoitar

O goberno local suspende baldeos e reitera a "petición firme" de consumo responsable para aforrar auga

O Concello suspendeu baldeos dando paso máis á petición de consumo responsable á cidadanía que esta mañá reiterou o alcalde de xeito máis "firme" . Ao mesmo tempo, anunciou o envío de cartas aos concellos que reciben a auga desde a esta cidade para que adopten as mesmas medidas de aforro.

martes, 11 set 2018
A presa de Zamáns estaba onte luns ao 66,41% da súa capacidade (a semana pasada estaba no 69,55%) e o de Eiras, ao 78,94%, o que supón tres puntos menos que hai sete días -o consumo medio da cidade de Vigo no verán-. Estes datos revelan, explicou Caballero, que nestes momentos temos tres semanas de auga máis que o ano pasado e unha semana máis de consumo que o promedio da última década, "o que significa que estamos mellor".

A pesar desta mellor situación, e dado que no se auguran choivas moi abundantes nos próximos meses, o rexedor adoptou a decisión de parar os baldeos e pediu "firmemente" consumo responsable. Neste mesmo senso, anunciou o envío de cartas aos alcaldes e alcaldesas de municipios da Área de Vigo que reciben auga desde esta cidade solicitando que adopten as mesmas medidas de consumo responsable.

En declaracións aos medios, Caballero criticou de novo a actitude do presidente da Xunta porque, mentres que o Concello xa adoptou medidas de aforro de auga, o goberno autonómico, un ano despois, nin sequera iniciou a tramitación do transvase de emerxencia para garantir o subministro de auga a Vigo e nove concellos que suman medio millón de habitantes cunha "unha situación de abastecemento de auga moi precaria".