A construción do carril bici inclúe a remodelación das prazas do Emigrante e dos Volcáns
O Concello de Vigo investirá 850.000 euros na remodelación das prazas do Emigrante e dos Volcáns. Estas obras están incluídas na construción do carril bici, que xa está moi avanzado na Avenida Castelao.
Co obxectivo de mellorar a integración do carril bici Samil-Teis na Avenida Castelao, o goberno local reconfigurará o espazo existente. Tal e como avanzou o rexedor, manteranse elementos característicos como o cruceiro de pedra e construirase unha gran pérgola acristalada sobre unha ampliada dársena para o transporte público. Instalaranse bancos continuos de diferentes formas e lonxitudes, simulando as ondas do mar e renovarase a pavimentación. O obxectivo é mellorar a funcionalidade como zona de espera dunha das paradas de autobús con máis usuarios da cidade. Estas obras, que arrancarán o mes que vén, contan cun orzamento de 450.000 euros.
Con case a mesma cantidade -400.000 euros- arrancarán tamén nas próximas semanas os traballos de remodelación da Praza dos Volcáns, unha zona na que as fontes sofren constantes perdas de auga. Segundo explicou Caballero, se actuará desde o cruce con Tomás Paredes ata ven avanzada a Avenida de Castelao, coa instalación dunha cascada desde unha pérgola-ponte acristalada, así como a formación dun volcán en pezas de cerámica en cor, estilo Gaudí, cos seus correspondentes mecanismos de auga. Renovarase pavimentación e instalaranse mesas e bancos na zona verde continua. A actuación manterá as pistas deportivas e parques infantís existentes, que tamén se mellorarán e suporá a continuidade do carril bici. Ademais, o proxecto vai continuar coa remodelación da Porta do Atlántico, para que se poida atravesar a praza cruzando a glorieta, tal e como a concebiu o autor, concluíu o alcalde.