Escoitar

O alcalde compromete ao equipo Uvigo Motorsport "todo o apoio que precisen"

"É un proxecto excepcional e aí queremos estar", manifestou Abel Caballero este luns, durante a exhibición do monopraza UM18 en Rosalía de Castro. O rexedor puxo en valor que o vehículo disputou a Fórmula Student Netherlands e a Fórmula Student Spain, na que conseguiron completar todas as probas por primeira vez. <br />

luns, 10 set 2018
1536586315coche.JPG
"Cooperamos de forma moi activa con este proxecto", expuxo Abel Caballero ante os medios, e avanzou que "seguiremos apoiándoos en todo aquelo que necesiten". "Teñen á súa disposición todo o apoio económico que precisen deste Concello", concluíu.
Descargar todas as imaxes