O Concello programa para outono oito rutas medioambientais por Vigo e bisbarra
Segundo informou este luns Abel Caballero, o goberno vigués aprobou o proxecto de percorridos medioambientais, dentro do "Camiño a Camiño 2018", con rutas por Vigo e saídas á comarca para coñecer o proceso produtivo da sidra e do viño.
O alcalde informou este luns dalgúns asuntos aprobados polo goberno que preside, entre os que destacou o proxecto de sensibilización ambiental Camiño a Camiño e a súa programación para outono.
Cun orzamento lixeiramente superior aos 25.000 euros, o Concello prevé celebrar en outubro e novembro oito saídas pola cidade e a súa área metropolitana, cunha participación que estará entre as 2.000 e 2.500 persoas. Citou Caballero que os percorridos polo término municipal de Vigo servirán para coñecer o hábitat da cidade, nas súas dimensións de flora e fauna e de conformación do ecosistema. Ademais, engadiu, o Concello programa rutas pola área viguesa para coñecer a contorna na que se desenvolve o proceso produtivo da sidra e do viño, con saídas á Estrada, o Rosal e á comarca do Ribeiro.
Convenios
Por outra banda, o alcalde vigués deu conta dun convenio de apoio á Asociación Galega San Francisco, entidade que percibe 8.000 euros do Concello en virtude deste acordo para o desenvolvemento das súas actividades coas persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.
No eido cultural, o goberno de Vigo aprobou o convenio coa Agrupación Fotográfica Galega para o desenvolvemento da edición 2018 do Maratón Fotográfico, que será o 29 e 30 de setembro. O Concello achega ao efecto 3.700 euros. Ademais, o executivo encabezado por Caballero validou o acordo de respaldo á última edición do Festival Primavera de Cine, con 4.000 euros, e que tivo lugar do 5 ao 14 de maio.