xoves, 20 setembro 2018

O alcalde ratifica co comisario xefe da Policía Nacional que Vigo é unha cidade segura

xoves, 20 set 2018

O alcalde de Vigo intercambiou esta mañá impresións sobre a situación da cidade en materia de seguridade co comisario xefe da Policía Nacional, Emilio Fernández, con quen mantivo un encontro esta mañá na Alcaldía. Ambos responsables coincidiron na percepción de Vigo como unha cidade segura e resaltaron a boa cooperación que existe entre a Policía Nacional e a Local.

Mostrarte leva á Alcaldía o traballo de trece artistas que participan en Vigo cidade de cor

xoves, 20 set 2018

Abel Caballero deulle á benvida á Alcaldía aos artistas que participan en Vigo cidade de cor e que estes días levan ese espírito ás dependencias municipais. Durante a presentación da mostra, o alcalde eloxiou a calidade dos traballos expostos, que son unha pequena mostra do que se está a realizar nos edificios e nas medianeiras de Vigo desde 2015. "Vigo é un gran lienzo e a mellor sala de exposición é a rúa", dixo o rexedor, que estivo acompañado dalgúns destes artistas.