Escoitar

O Concello tramita o cambio de uso na antiga sede xudicial para acoller a Biblioteca do Estado

Logo da reunión celebrada onte mércores co ministro de Cultura, o alcalde anunciou que este mesmo xoves "iniciamos o plan especial de infraestruturas e dotacións" para que se poida erixir a biblioteca nos terreos do entorno da rúa Lalín. En paralelo, o Concello solicitará á Xunta de Galicia a aplicación da "lei Vigo".

xoves, 20 set 2018
1537448154ministro.JPG
O alcalde e o ministro de Cultura acordaron onte en Madrid retomar o proxecto de Biblioteca do Estado para Vigo, que figuraba nos orzamentos estatais pero o goberno de Rajoy retirouno, segundo recordou Caballero.

Abel Caballero avanzou que, para construíla no terreos da rúa Lalín, é preciso unha modificación urbanística no Plan do 93, que hoxe comeza. Esta vía discorrerá en paralelo á solicitude de aplicación da lei 3/2016 -coñecida como "lei Vigo"- á Xunta de Galicia mais, "como sabemos que porá obstáculos", asegurou o alcalde, o Concello impulsa tamén o cambio no Plan Xeral vixente.

A reunión de onte co ministro de Cultura, José Guirao, supuxo un "paso importantísimo" para que Vigo conte cunha Bibilioteca do Estado, pois o Ministerio fai propio o proxecto do Concello, que prevé a súa construción nunha parcela de 3.700 metros cadrados de superficie.
Descargar todas as imaxes