O goberno municipal ten acabadas de rematar ou en marcha humanizacións por valor de 12 millóns

mércores, 6 feb 2019

O alcalde detallou esta mañá as obras que o Concello ten humanizacións pendentes de inaugurar por valor de 7 millóns de euros. Unha cantidade á que hai que sumar obras en marcha o a piques de comezar que alcanzan un investimento superior aos 5 millóns de euros e que elevan a 12 millóns o total das inversións que neste momento se están a acometer na cidade.

O Concello prevé rematar en marzo a construción do ascensor entre San Salvador e a Praza de Isabel A Católica

xoves, 17 xan 2019

O goberno local vén de retomar as obras de construción do elevador entre San Salvador e a Praza de Isabel A Católica, unha actuación que rematará en marzo e que está financiada con fondos europeos. Segundo explicou o rexedor, Vigo é a cidade europea con maior instalación de ascensores, ramplas mecánicas e sistemas modernos de comunicación.