venres, 3 mai 2019
O expediente de contratación das obras do proxecto de humanización da rúa Don Bosco foi aprobado este venres pola Xunta de Goberno Local presidida por Abel Caballero. Cun orzamento de 1,8 millóns, a actuación abrangue desde o Paseo de Granada ata Eduardo Iglesias e desde Velázquez Moreno ata Progreso.<br />
<br />
venres, 3 mai 2019
A Xunta de Goberno Local validou este venres o proxecto que soterrará o tráfico e fará peonil a Porta do Sol, obra que inclúe unha rampla mecánica desde Carral. O orzamento para actuación roza os 17 millóns de euros, subvencionado con fondos FEDER da Unión Europea dentro da estratexia EDUSI.
xoves, 25 abr 2019
O Concello de Vigo adicará más de un millón de euros ás labores de asfaltado da Avenida Arquitecto Palacios e o túnel de Beiramar, despois de que a Xunta de Goberno Local aprobase a contratación dos proxectos de pavimentado. Os traballos vanse a levar a cabo en horario de madrugada para evitar que afecte ao tráfico.
martes, 23 abr 2019
O Concello de Vigo adicará uns 150.000 euros ás labores de asfaltado da rúa Urzáiz, entre Gran Vía e Colón, despois de que a Xunta de Goberno Local aprobe o vindeiro xoves a adxudicación para a contratación do proxecto de pavimentado.
xoves, 11 abr 2019
O Concello rematará hoxe o expediente de obra que permitirá construír unha rotonda na intersección da avenida do Tranvía coa saída da AP9. Os traballos comezarán o próximo luns polo que haberá restricións no tráfico na zona.
xoves, 11 abr 2019
A Xunta de Goberno Local adxudicou este xoves a contratación das obras dos murais do quinto programa de medianeiras, que saíu a licitación por importe de 280.000 euros, tal e como deu conta en rolda de prensa o alcalde de Vigo.
luns, 8 abr 2019
A efectos das afeccións ao tráfico rodado e peonil, Abel Caballero informou este luns do inicio das obras de remodelación nestas céntricas rúas da cidade. Hoxe comezan os traballos en Serafín Avendaño, no treito comprendido entre Rosalía de Castro e García Barbón, e mañá martes arrancan en Roupeiro.
venres, 5 abr 2019
O Concello vén de recibir o escrito que sinala que os pavimentados de Areal, Luis Taboada, Carral e Victoria precisan de autorización de Patrimonio Histórico, cando o informe da arqueóloga municipal exime das catas ao tratarse de renovar o asfalto, como se fixo na Praza de Compostela. Abel Caballero censurou unha "agresión continua a Vigo" por parte da Xunta de Galicia.
xoves, 4 abr 2019
Amais a Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación de obras de melloras en tres campos de fútbol, A Mina, San Andrés de Comesaña e As Relfas-Sárdoma, por un importe de 718.000 euros.
luns, 25 mar 2019
O informe da Federación Galega da Construción arroxa uns "datos espectaculares en favor de Vigo", indicou este luns o alcalde. O Concello suma 48 millóns, polos catro de Lugo, os cinco de Ferrol e Ourense, os sete de Santiago e os oito da Coruña.