luns, 28 xan 2019
"Arranca a Vía Verde entre Vigo e Redondela" sinalou o alcalde, quen explicou as actuacións do proxecto con case 3,6 quilómetros de senda peonil e para bicicleta con miradoiros, áreas de descanso, apeadoiros e zonas de aparcamento.
luns, 28 xan 2019
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto para a mellora da rede de abastecemento e saneamento no tramo entre Taboada Leal e Marqués de Alcedo, que estaba pendente do permiso de Patrimonio da Xunta de Galicia.
venres, 25 xan 2019
O Concello de Vigo aprobou na Xunta de Goberno Local a contratación da segunda fase das obras de humanización da rúa Coutadas. Ademais, segundo informou o alcalde, tamén recibiron o visto e prace outros dez proxectos de reforma de rúas.
xoves, 17 xan 2019
O goberno local vén de retomar as obras de construción do elevador entre San Salvador e a Praza de Isabel A Católica, unha actuación que rematará en marzo e que está financiada con fondos europeos. Segundo explicou o rexedor, Vigo é a cidade europea con maior instalación de ascensores, ramplas mecánicas e sistemas modernos de comunicación.
luns, 14 xan 2019
O alcalde de Vigo visitou este luns as obras de reforma da Praza de América que comezaron a pasada semana. Abel Caballero destacou que toda a zona será reorganizada para goce cidadán e posta en valor da obra de Silverio Rivas.
mércores, 9 xan 2019
Os obras de mellora da Praza de América e a súa contorna empezarán este xoves cun investimento de 1,4 millóns de euros. "Vai a ser unha zona emblemática de Vigo para vivir e pasear", sinalou o alcalde. Ademais, está xa rematada a reforma da praza do Barrio das Flores, en Sanjurjo Badía.
luns, 7 xan 2019
O Concello investiu na humanización de Camelias 7,2 millóns dos que 2,1 se corresponden coa última fase, a que vai desde Juan Ramón Jiménez ata a avenida da Hispanidade. Ademais da renovación de redes de abastecemento, saneamento e alumeado, se prevé a creación dun novo espazo público entre os números 19 e 21 da rúa.
mércores, 2 xan 2019
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación das obras de mellora da contorna da Praza que empezarán a próxima semana. Quedou aprobado tamén contrato do servizo de teleasistencia domiciliaria por 93.600 euros anuais e a inversión de máis dun millón de euros no firme da rúa Areal e de Castelao.
xoves, 27 dec 2018
O alcalde supervisou hoxe xoves a montaxe dunha pasarela de 40 toneladas, á altura de Pi y Margall, que servirá como miradoiro e de acceso ao elevador que unirá Torrecedeira e Pi y Margall. O orzamento, de 2,8 millóns, inclúe a renovación completa do parque Camilo José Cela.
mércores, 26 dec 2018
Cun investimento de máis de 870.000 euros, supón a renovación de pavimentos e redes de saneamento e abastecemento amais de permitir a conexión vertical de Torrecedeira e Marqués de Valterra e contar cun mural de arte urbana.