O Concello humanizará Praza América cun investimento de 1,4 millóns de euros
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación das obras de mellora da contorna da Praza que empezarán a próxima semana. Quedou aprobado tamén contrato do servizo de teleasistencia domiciliaria por 93.600 euros anuais e a inversión de máis dun millón de euros no firme da rúa Areal e de Castelao.
O alcalde deu conta este mércores de varios acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local destacando a adxudicación e contratación das obras do proxecto de mellora da contorna da Praza América, que comezarán a próxima semana e que teñen un orzamento de 1,4 millóns de euros.
Segundo explicou Caballero, o obxectivo é facer un "deseño moderno da praza, no contexto da humanización e retomando a idea do escultor Silverio Rivas que a fixo para pasar por debaixo, tocando a pedra e vivíndoa" pero que finalmente quedou inaccesible para a cidadanía. Coa obras que se executarán a Praza prestará máis atención á xente cun espazo central que será transitable. Amais van renovarse as redes de abastecemento, saneamento, alumeado, crearanse aneis verdes de vexetación sobre xardineiras, tanto en el perímetro exterior como no interior e instalaranse novos semáforos, sinais e novo mobiliario na praza.
Amais, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á adxudicación da contratación do subministro e servizos dunha rede sen fíos "wifi" en contornas municipais: bibliotecas, centros cívicos, ou pavillóns por un importe de 106.000 euros.
Quedou aprobado tamén o expediente de contratación por procedemento aberto do servizo de teleasistencia domiciliaria do Concello, cun importe de 93.600 euros ao ano durante catro anos. O rexedor apuntou a importancia deste servizo que usan maioritariamente mulleres maiores que viven soas e que "senten que o botón vermello é a súa vida porque reciben apoio instantáneo". Así, explicou que o persoal que cubre o servizo é chamado de forma periódica para preguntarlles como están os usuarios e funcionan en coordinación cos coidadores de barrio para que estean atentos ás persoas que, en moitas ocasións, viven en soidade.
No capítulo de obras, quedou adxudicada a contratación por lotes das obras de reforzo de firmes na Avenida Castelao e na rúa calle Areal cun importe de 1.031.000 euros. Adxudicouse así mesmo o contrato de humanización da rúa Travesía Escolas Públicas por 300.000 euros aínda que non poderán comezar ata ter o permiso de Patrimonio da Xunta de Galicia porque é preciso levar un control arqueolóxico dos traballos.