venres, 4 xaneiro 2019

O Nadal Bus municipal suma 12.026 pasaxeiros nun mes

O alcalde informou da "demanda extraordinaria" deste servizo posto en marcha durante as festas e adiantou que ampliará o seu funcionamento ata o 13 de xaneiro o día no que se apagarán as luces de Nadal. Amais, instou á cidade a que se prepare para a "mellor cabalgata que tivemos nunca".

O Concello achega 45.000 euros anuais para o comedor de Vida Digna

venres, 4 xan 2019

O rexedor visitou este venres a asociación Vida Digna onde tivo a oportunidade de saudar aos Reis Magos que estaban escoitando ás nenas e nenos e repartindo regalos para os máis pequenos. Abel Caballero trasladoulles ás familias os seus mellores desexos e manifestou o compromiso municipal co labor que desenvolve a entidade, que recibe anualmente 45.000 euros para axudar no servizo de comedor que prestan a quen o precisa.

O alcalde felicita aos escolares gañadores do Concurso de Postais de Vitrasa

venres, 4 xan 2019

Cinco alumnos vigueses resultaron premiados na décimo terceira edición deste certame e os seus debuxos decoran xa tres dos autobuses que percorren a cidade este Nadal. Abel Caballero felicitou ás nenas e aos nenos gañadores do concurso convocado por Vitrasa e eloxiou o seu talento ao ser elixidos entre os máis de 400 deseños presentados. A entrega dos galardóns celebrouse este venres no Centro Comercial Gran Vía onde os escolares gozaron da proxección dunha película ao remate do acto.