O alcalde despide ao Coronel da Garda Civil de Pontevedra, Jorge González
Abel Caballero mantivo hoxe un encontro co coronel da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Jorge González, que cesa do seu cargo por alcanzar a idade de xubilación. O rexedor eloxiou o "gran traballo" que realizou na provincia e en Vigo, apoiando algunhas das propostas da cidade como é a necesidade de reforzar a dotación da Garda Civil "por ser urbe fronteiriza, con porto e aeroporto, con moito ámbito rural e, por tanto, con moita forza", polo que "nos prestamos a ser unha sede da Garda Civil máis importante do que somos", unha opinión, dixo, que o Coronel comparte.