Escoitar

Un dispositivo de tráfico con 90 policías e 300 voluntarios para a Cabalgata dos Reis Magos

O alcalde avanzou que as Maxestades de Oriente teñen este ano moito parecido con Eugenio González de Haz, Carlos Pérez e Ibrahima Nihan Sow. O dispositivo de tráfico e seguridade, no que participarán 90 policías e 300 voluntarios, comezará ás 09:00 horas co valado de todo o percorrido.

xoves, 3 xan 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo en valor este xoves o dispositivo de seguridade previsto para a Cabalgata dos Reis Magos do vindeiro sábado polo centro da cidade (desde las 18:00 ás 20:00 horas). O plan contará con 90 axentes da Policía Local, a colaboración de 300 voluntarios, efectivos de Protección Civil e ambulancias.

O rexedor avanzou que as Maxestades de Oriente terán desta vez moito parecido con Eugenio González de Haz, Carlos Pérez e Ibrahima Nihan Sow. Na organización e montaxe da cabalgata participan tamén os Centros Deportivos e Culturais e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo".

O percorrido estará totalmente valado para garantir a seguridade dos asistentes e vanse establecer catro postos destacados de emerxencias: no cruce de Alfonso XIII con García Barbón, en Colón-Urzáiz, a rúa Miragaia e Doutor Cadaval. Ademais instalaranse dous postos de atención a cativos perdidos no lateral da Igrexa de Santiago de Vigo e na Porta do Sol e haberá unha plataforma para persoas con mobilidade reducida diante da Igrexa de Santiago de Vigo.

No referente ao tráfico, dende as 09:00h da mañá quedará ocupado un carril de circulación ao longo do recorrido para instalar as vallas de protección. Ás 15 horas quedará cortado o tráfico entre Sanjurjo Badía e Isaac Peral, onde comeza a montaxe da cabalgata e ás 17:00 horas queda cortado todo o tráfico ao longo do percorrido.