Escoitar

Vigo reforza a atención do dispositivo de frío

O equipo, en coordinación co albergue e coa Policía Local, sae á rúa tres veces ao día ofrecendo bebidas quentes e mantas así como información sobre a dispoñibilidade de camas.

venres, 4 xan 2019
Abel Caballero explicou este venres que o dispositivo de frío do Concello xa está en funcionamento e, coa baixada da temperaturas, refórzase a atención.

O equipo, en coordinación co albergue sae á rúa tres veces ao día para comprobar como están as persoas que non queren durmir no albergue. Conta cun técnico de inserción e un educador/a social que lles ofrecen bebidas quentes, incluída sopa, levan mantas, sacos de durmir e información sobre a dispoñibilidade de espazo e camas no albergue.

O dispositivo municipal actúa en comunicación tamén coa Policía Local, que coñece a situación destas persoas e, se é preciso, trasládanos ao albergue e no caso de que estea completo, lévanos ou infórmanos da dispoñibilidade do albergue ou do albergue dos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres. A maiores se se dera a situación de que fose preciso, facilítaselles outro lugar para durmir, custeado polo Concello.

Abel Caballero expuxo tamén que no albergue se ofrece servizo de comedor e hai una sala habilitada para que os usuarios poidan pasar alí a tarde e o día.