A VII edición do Salón do Interiorismo e a Construción de Vigo, SICO 2019, celébrase no Ifevi do 5 ao 7 de abril<br />
luns, 25 mar 2019Esperan a presenza duns 10.000 visitantes e máis de 120 expositores.
Esperan a presenza duns 10.000 visitantes e máis de 120 expositores.
Segundo informou este luns Abel Caballero, o rural vigués centra a atención deste plan municipal de obras en viais cun total de 36 actuacións en catorce parroquias. Ademais, o goberno vigués acometerá reformas na Avenida de Castelao, Areal, no túnel de Beiramar, en Arquitecto Palacios, en Urzáiz, en Luis Taboada e Carral.
O Barrio das Flores terá en breve un novo aparcamento municipal despois de que a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobase este xoves o proxecto do aparcadoiro para a rúa Coutadas. Tamén recibiron o visto e prace as achegas para o Museo Liste e o Cine Club Lumiere.
A céntrica rúa está "moi deteriorada" pese a ser arranxada polo anterior goberno de Vigo e o actual comeza o próximo mércores, 20 de marzo, a súa "rehumanización", en verbas de Caballero, sen pedra e cun firme como o instalado na Alameda.
O alcalde informou da recepción este mércores da obra da grada de Río, unha vez rematada e entregada pola empresa, de maneira que o Concello pode poñela xa a "á enteira disposición do Celta para operar con normalidade", apuntou.
O alcalde fixo este luns un repaso ás obras que o Concello está a levar a cabo ou que porá en marcha de forma inmediata. A suma de todas as actuacións supera os 77 millóns de euros.
O alcalde presenciou esta mañá o inicio da humanización da Travesía de Escolas Públicas, unha rúa na que vive xente traballadora e que levaba moito tempo abandonada". O proxecto prevé a renovación de redes, pavimento e mobiliario urbano, cumprindo os maiores niveis de calidade.
O alcalde resaltou hoxe mércores a importancia de que o Goberno local estea a humanizar 50 rúas de diferentes parroquias ao mesmo tempo. Unha quenda de melloras ás que tamén se suma as actuacións que se desenvolven nas rúas Aragón e Gregorio Espino.
O alcalde de Vigo sinalou que hai agora catro anos foron enviadas observacións técnicas para acordar coa administración autonómica unha mellora na contorna do centro médico. "A Xunta só se acorda destas cousas cando chegan as campañas electorais", sinalou Abel Caballero.
A remodelación do tramo entre Marqués de Alcedo e Taboada Leal xa está en obras, cun orzamento de 657.000 euros, explicou Abel Caballero. Contando co novo parque infantil, o goberno vigués adica cinco millóns de euros á remodelación de toda Venezuela. O alcalde subliñou a igual atención no centro e no rural, e citou como exemplo os 3,5 millóns da humanización da Estrada do Porto.