venres, 27 dec 2019
O Concello prosegue coa humanización da García Barbón, neste caso rematouse o tramo comprendido entre Serafín Avendaño e Rosalía de Castro, co obxectivo de completar a avenida ata Sanjurjo Badía. Amais, a Xunta de Goberno Local aprobou dedicar 500.000 euros a apoiar novos proxectos de PEMES e emprendedores.
xoves, 26 dec 2019
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a compra de catro parcelas situadas na rúa Canteiros de Matamá nas que o Concello prevé dispoñer aparcamento para o futuro equipamento deportivo e de ocio.
xoves, 26 dec 2019
O goberno municipal ten en marcha obras por valor de 108 millóns de euros para adaptar a cidade aos novos tempos con consumos enerxéticos baixos e accións de respecto medioambiental.
venres, 20 dec 2019
Abel Caballero asinou este venres dous acordos coa presidenta do ente provincial, Carmela Silva, para financiar melloras no rural e na Ronda de Don Bosco. A Deputación destina 900.000 euros para a Ronda (e o Concello achega máis de 600.000 euros) e outro millón para actuar en 37 vías das parroquias.
xoves, 19 dec 2019
O goberno de Vigo vén de remitir por escrito a proposta, na que cada administración achegaría un millón de euros para acometer media ducia de actuacións de mellora na rede de saneamento en Teis. O alcalde recordou que Vigo abona cada ano máis de 5 millóns de euros á Xunta en concepto de canon da auga.
xoves, 19 dec 2019
A Deputación dedicará un novo millón de euros para humanizar rúas do rural de Vigo, avanzou esta mañá o rexedor en rolda de prensa. Esta novo acordo de cooperación co Concello permitirá actuar en 37 rúas da cidade.
mércores, 18 dec 2019
A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aprobará este xoves o convenio coa Deputación de Pontevedra para o proxecto de reforma da rúa Ronda de Don Bosco, na que o goberno local acometerá a transformación dos xardíns e a redución da velocidade para os vehículos.
mércores, 11 dec 2019
O alcalde visitou esta mañá a recentemente rematada obra de humanización de Coutadas na que se actuou en 127 metros de vial. As obras incluíron a mellora da seguridade do acceso aos institutos, ademais da renovación completa da rede de saneamento e pluviais.
martes, 3 dec 2019
O Ministerio de Fomento vén de aprobar o proxecto provisional da remodelación da Avenida de Madrid que ten un orzamento de 13,4 millóns de euros. Caballero avanza que a previsión é iniciar as obras dentro dun ano.
luns, 2 dec 2019
O rexedor deu conta esta mañá dun volume de obras en marcha ou en previsión por importe de 108 millóns. Algunhas delas xa están a rematadas como as humanizacións das rúas Camelias, Mantelas ou Pazos e outras están moi avanzadas como o pavillón de Romil ou a terceira fase de Gregorio Espino.