O alcalde eloxia a cooperación "excepcional" da Deputación, que achega 1,9 millóns a humanizacións en Vigo
Abel Caballero asinou este venres dous acordos coa presidenta do ente provincial, Carmela Silva, para financiar melloras no rural e na Ronda de Don Bosco. A Deputación destina 900.000 euros para a Ronda (e o Concello achega máis de 600.000 euros) e outro millón para actuar en 37 vías das parroquias.
En declaracións posteriores, Abel Caballero valorou a "contribución excepcional" da Deputación de Pontevedra que preside a tamén tenente de alcalde viguesa, Carmela Silva, que se achega aos case dous millóns de euros, o que valorou como unha "magnífica nova" para a cidade. O alcalde puxo en valor a "cooperación excepcional" do organismo provincial, unha atención á cidade no que a Vigo lle corresponde, segundo indicou.
En Ronda de Don Bosco, a reforma ascende a 1,5 millóns -a Deputación aporta 900.000 euros e o Concello 617.000 euros- e o proxecto inclúe a humanización desde a rúa Progreso ata Velázquez Moreno, e entre Eduardo Iglesias e o Paseo de Granada. O proxecto, cun prazo de execución de 10 meses, ten como foco principal a transformación do xardín situado fronte á igrexa de María Auxiliadora para converter a zona en semipeonil.
No tocante as parroquias, as vías nas que se vai actuar son a seguintes: Viña Grande (Alcabre); Relfas (Beade); Sanguiño, Loureiro e Gondarisco (Cabral); Salgueiro (Candeán); Camiño Centieira, Pereiró, Camiño Carro, Camiño Monte e Baixada ao Pontillón (Castrelos); Longra e Tarrío de Abaixo (Coruxo); Senda do Sello, Sarabio, Camiño Noiana e Santa Clara (Lavadores); Abade Juan de Bastos, Camiño Barxa, Castro, Camiño Vilar, Baixada Moo e Camiño Outeiro (Matamá); Canabido (Oia); Baixada á Salgueira e Coutadas (Salgueira); Aguadiña (Sampaio); Vista do Mar (San Xoán); Senda das Relfas e Estrada Fragosiño (Sárdoma); Avenida de Galicia (Teis); Estrada do Foxo, Camiño Quinta, Camiño Pinal, Camiño Simona e Camiño Pomba (Valladares) e máis Estrada Cidáns (Zamáns).
Descargar todas as imaxes