Caballero: "Para os concellos e as deputacións é prioritario que haxa un goberno o antes posible"
O presidente da FEMP asegura que é urxente avanzar en cuestións como o uso do superávit, o teito de gasto ou os intereses do 0,35% que o bancos cobran aos consistorios polos seus depósitos. Abel Caballero presidiu esta mañá a Xunta de Goberno e, posteriormente, o Consello Territorial da Federación de Municipios e Provincias.