O goberno local esixe á Xunta que recupere o proxecto orixinal do Centro de Saúde de Bouzas
A concelleira de Política de Benestar Social, Yolanda Aguiar, denunciou "a campaña de publicidade e propaganda" da administración autonómica con "proxectos pantasma" na cidade e alerta dos recortes en sanidade, poñendo como exemplo o Centro de Saúde de Bouzas.
A concelleira de Política de Benestar Social, Yolanda Aguiar, denunciou este martes en rolda de prensa que a Xunta de Galicia ten en marcha na cidade unha "campaña de publicidade e propaganda con proxectos pantasma" e solicitou á administración autonómica que recupere o proxecto orixinal do Centro de Saúde de Bouzas.
"O PP inundou a cidade de carteis con iniciativas que realmente non existen", sinalou a edil antes de explicar que Bouzas amencía empapelada con carteis anunciando a construción do novo centro de saúde. "Non se corresponde coa entidade do proxecto que se pretende executar alí, esiximos que se volva ao orixinal de 2008 da etapa de Emilio Pérez Touriño", apuntou.
Aguiar explicou que o novo deseño está "cernado e recortado" pasando de máis de 1.400 a 700 m2, a metade das consultas, sen pediatría e co investimento reducido. "Son os recortes de Feijóo que se dedica a dar tesoiradas á sanidade pública, pedimos á Xunta que abandone a campaña de publicidade e propaganda, non hai nada detrás", engadiu.