O alcalde descobre a placa que da o nome ao novo Parque dos Capuchinos
Abel Caballero descubriu este luns a placa que dá o nome ao novo Parque dos Capuchinos, zona de esparexemento situada sobre o centro comercial da rúa Pizarro. O alcalde estivo acompañado no acto polo Obispo de Vigo, Luis Quinteiro Fiuza, así como polo párroco da igrexa dos Capuchinos. "Era unha débeda da cidade con esta institución que desempeñou un gran papel nos últimos cen anos, queríamos render homenaxear e deixar o nome gravado na zona", sinalou o rexedor.