xoves, 19 dec 2019
A Deputación dedicará un novo millón de euros para humanizar rúas do rural de Vigo, avanzou esta mañá o rexedor en rolda de prensa. Esta novo acordo de cooperación co Concello permitirá actuar en 37 rúas da cidade.
xoves, 19 dec 2019
O goberno de Vigo vén de remitir por escrito a proposta, na que cada administración achegaría un millón de euros para acometer media ducia de actuacións de mellora na rede de saneamento en Teis. O alcalde recordou que Vigo abona cada ano máis de 5 millóns de euros á Xunta en concepto de canon da auga.
xoves, 19 dec 2019
O Padroado da fundación reuniuse este xoves co fin de aprobar o orzamento e o plan de traballo para o vindeiro ano 2020. O obxectivo é presentar a candidatura de Cíes, Patrimonio medioambiental da Humanidade e reforzar o turismo na cidade. <br />
xoves, 19 dec 2019
Abel Caballero asistiu este xoves no Concello de Vigo á presentación oficial do novo videoclip do grupo vigués Tinta, gravado como premio por ser o gañador do concurso musical "Vigo en vivo". O alcalde presenciou a interpretación do tema e animou aos compoñentes de Tinta a continuar adiante e augurou un "futuro prometedor" á xove banda viguesa.
xoves, 19 dec 2019
O alcalde convida a toda a cidade a presenciar mañá venres o recital de Nadal que ofrecen o organista Joao Santos e o contratenor Paulo Ferreira na Concatedral de Santa María onde xa actuaron o ano pasado con gran éxito. Abel Caballero avanzou que o concerto é "fantástico" e que "o órgano soa marabillosamente ben logo da rehabilitación financiada polo goberno municipal" que se estreou o ano pasado. A cita celébrase mañá ás 20:30 horas con entrada de balde ata completar o aforo.
xoves, 19 dec 2019
Un total de 118 equipos de 36 clubs disputarán este torneo, fundamentalmente vigués (27 clubs) pero que tamén convoca nas súas cinco categorías (prebenxamín, benxamín, alevín e feminino en fútbol 8 e infantil en fútbol 11) a equipos de Monçao (Portugal), Val Miñor, O Porriño, Ponteareas e Cangas, ademais do Deportivo, Lugo, Ponte Ourense e Oporto para o Super 6 alevín do sábado 28.