O Concello organiza un "fantástico concerto" de Nadal este venres na Concatedral
O alcalde convida a toda a cidade a presenciar mañá venres o recital de Nadal que ofrecen o organista Joao Santos e o contratenor Paulo Ferreira na Concatedral de Santa María onde xa actuaron o ano pasado con gran éxito. Abel Caballero avanzou que o concerto é "fantástico" e que "o órgano soa marabillosamente ben logo da rehabilitación financiada polo goberno municipal" que se estreou o ano pasado. A cita celébrase mañá ás 20:30 horas con entrada de balde ata completar o aforo.