O Concello asume a xestión do río Lagares e acometerá a limpeza de toda a conca
Vigo asumirá a limpeza de toda a conca do Lagares aínda que se trata dunha responsabilidade da Xunta de Galicia. Manter o curso do río en bo estado é unha cuestión moi importante en momentos de tanta choiva como os que estamos a vivir dado que os troncos convértense en pequenas presas naturais.
O alcalde avanzou esta mañá que o Concello asumirá a limpeza do río Lagares, responsabilidade da Xunta ao ter a competencia exclusiva das concas fluviais da comunidade autónoma, suplindo a inacción da Xunta. A administración local procederá a retirar as ramas e os residuos de todo o curso do río -tramos urbanos ou non – dado a falta de atención da administración competente. "Imos a seguir atendendo o río, desde que nace ata que desemboca independentemente do que faga ou diga a Xunta", concluíu.
Estes días, puntualizou, estamos rexistrando choivas moi importantes e, ao haber zonas da conca do Lagares cheas de árbores, se forman pequenas presas naturais. Esa falta de mantemento é un "elemento moi negativo" cando se dan situacións de temporal como o que rexistramos onte.
Temporal
Respecto das incidencias da borrasca Elsa, Caballero congratulouse de que non houbera danos persoais e detallou incidencias como 40 árbores caídas; 27 contedores desprazados; 21 vallas movidas; 10 desprendementos parciais de tellados; 2 adornos de Nadal caídos e outros tantos andamios de obras privadas. Tamén se rexistraron concentracións de auga en Olímpicos, Alcalde Portanet, Julián Estévez e Arquitecto Palacios. En rolda de prensa, o rexedor sinalou que todos os dispositivos de emerxencia estaban preparados para actuar, resaltando que "nunha situación de temporal extremo, a cidade aguantou moi ben".