Caballero celebra "a gran mobilización" do Torneo de Nadal de fútbol 8 "cando Vigo é lugar de atención de todo o mundo"

Un total de 118 equipos de 36 clubs disputarán este torneo, fundamentalmente vigués (27 clubs) pero que tamén convoca nas súas cinco categorías (prebenxamín, benxamín, alevín e feminino en fútbol 8 e infantil en fútbol 11) a equipos de Monçao (Portugal), Val Miñor, O Porriño, Ponteareas e Cangas, ademais do Deportivo, Lugo, Ponte Ourense e Oporto para o Super 6 alevín do sábado 28.

xoves, 19 dec 2019
1576772040191219TorneoNadal_01.JPG
O alcalde de Vigo, acompañado por representantes de varios clubs (Valladares, Sárdoma, Alertanavia, Coya, Arenas de Alcabre, Nieto e San Miguel), de Afavi, a RFGF, o edil de Deportes, Manel Fernández, e das futbolistas Ana Iglesias (Valladares) e Laura Martínez e Ildara Pérez (Sárdoma), anunciou a sétima edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo de fútbol 8 e fútbol 11 para nenos e nenas de 5 a 13 anos, que se desenvolverá en cinco campos (A Pirucha, Meixoeiro, A Bouza, Pahiño e o Federativo de Coia) do xoves 26 ao domingo 29 deste mes, poñendo o colofón a unha excelente campaña do fútbol vigués.

Un total de 118 equipos de 36 clubs disputarán este torneo, fundamentalmente vigués (27 clubs) pero que tamén convoca nas súas cinco categorías (prebenxamín, benxamín, alevín e feminino en fútbol 8 e infantil en fútbol 11) a equipos de Monçao (Portugal), Val Miñor, O Porriño, Ponteareas e Cangas, ademais do Deportivo, Lugo, Ponte Ourense e Oporto para o Super 6 alevín do sábado 28.

"O fútbol é un deporte apaixonante e queremos vivilo singularmente no Torneo de Nadal", dixo o rexedor, que agradeceu tamén o apoio dos patrocinadores privados Hyupersa, Frutas Neves, Gadis e New Balance, firmas que están con este evento que impulsa o Concello.

Co cadro feminino como novidade (nacidas antes de 2007), equiparándose así o campionato á Vigo Cup estival de fútbol 7, Caballero celebrou que once equipos pelexen polo triunfo, entre eles a representación en categoría nacional (Sárdoma e Valladares).

O alcalde indicou que o campionato moverá uns 1.800 participantes, "unha gran mobilización deportiva mesmo cando Vigo é lugar de atención de todo o mundo", subliñou.
Descargar todas as imaxes