Abel Caballero propón á Xunta investir conxuntamente dous millóns na mellora do saneamento de Teis
O goberno de Vigo vén de remitir por escrito a proposta, na que cada administración achegaría un millón de euros para acometer media ducia de actuacións de mellora na rede de saneamento en Teis. O alcalde recordou que Vigo abona cada ano máis de 5 millóns de euros á Xunta en concepto de canon da auga.
O alcalde de Vigo informou este xoves da remisión do escrito, no que se propón a elaboración dun convenio bilateral para que Concello e Xunta adiquen entre ambos dous millóns de euros á mellora da rede de saneamento en Teis.
Caballero afirmou que, hai tres anos, o goberno local suxeriu á Xunta de Galicia distintas actuacións no saneamento do barrio vigués que costearían, a través dun convenio, Vigo, Galicia e Europa a partes iguais, por importe valorado en tres millóns de euros. Estas serían a mellora do bombeo en Arealonga, a renovación do colector da marxe do río Paraixal, a mellora do saneamento da rúa Arnela, a ampliación da rede no Camiño Xorxa, a ampliación e mellora da rede no entorno das rúas Santa Tegra e Mimosa, e da rede separativa no entorno de Baixada a Rios.
Pola negativa da Xunta de Galicia a destinar investimento, segundo asegurou o alcalde, finalmente o alcance do proxecto foi dun millón de euros, que concedeu Europa, e que permite actuar unicamente no entorno de Baixada a Ríos e na marxe do río Paraixal. Para acometer o resto das obras, o Concello volve propor á Xunta de Galicia adicar un millón de euros cada administración e completar así as necesidades de saneamento de Teis.
Abel Caballero recordou que o Concello de Vigo contribúe ao financiamento das actuacións hidráulicas que acomete a Xunta de Galicia, por medio de Augas de Galicia, con máis de cinco millóns de euros cada ano, cantidade que a cidade olívica abona en concepto de canon de auga. "Reciben entre cinco e seis millóns de euros e non invisten nada en Vigo; de feito utilizan estes cinco ou seis millóns de euros que Vigo lle paga para abonar a parte da depuradora que lle correspondía á Xunta de Galicia", denunciou o rexedor vigués.