O goberno municipal humanizará 37 novas rúas no rural de Vigo financiadas pola Deputación de Pontevedra
A Deputación dedicará un novo millón de euros para humanizar rúas do rural de Vigo, avanzou esta mañá o rexedor en rolda de prensa. Esta novo acordo de cooperación co Concello permitirá actuar en 37 rúas da cidade.
O rexedor deu conta dun novo acordo de colaboración coa Deputación de Pontevedra que permitirá humanizar 37 novas rúas do rural vigués. O documento aprobado na Xunta de Goberno permitirá que o organismo provincial achegue un millón de euros para seguir cooperando coa cidade, como se vén facendo desde que Carmela Silva é presidenta desta institución. As zonas nas que se vai actuar son a seguintes: Viña Grande (Alcabre); Relfas (Beade); Sanguiño, Loureiro e Gondarisco (Cabral); Salgueiro (Candeán); Camiño Centieira, Pereiró, Camiño Carro, Camiño Monte e Baixada ao Pontillón (Castrelos); Longra e Tarrío de Abaixo (Coruxo); Senda do Sello, Sarabio, Camiño Noiana e Santa Clara (Lavadores); Abade Juan de Bastos, Camiño Barxa, Castro, Camiño Vilar, Baixada Moo y Camiño Outeiro (Matamá); Canabido (Oia); Baixada á Salgueira e Coutadas (Salgueira); Aguadiña (Sampaio); Vista do Mar (San Xoán); Senda das Relfas y Estrada Fragosiño (Sárdoma); avenida de Galicia (Teis); Estrada do Foxo, Camiño Quinta, Camiño Pinal, Camiño Simona y Camiño Pomba (Valladares) e máis Estrada Cidáns (Zamáns).
Outro dos asuntos que se aprobaron na Xunta de Goberno desta mañá foi o convenio de colaboración coa Asociación "Ateneo Musical de Bembrive" que recibirá 10.000 euros das arcas municipais. O obxectivo é fomentar as actividades da entidade mediante o financiamento de obras de acondicionamento das Aula de Banda de Música.
Descargar todas as imaxes