Escoitar

A Vigo Convention Bureau aproba un programa para o "impulso turístico da cidade"

O Padroado da fundación reuniuse este xoves co fin de aprobar o orzamento e o plan de traballo para o vindeiro ano 2020. O obxectivo é presentar a candidatura de Cíes, Patrimonio medioambiental da Humanidade e reforzar o turismo na cidade. <br />

xoves, 19 dec 2019
1576762007VCB2.jpg
Abel Caballero deu conta este xoves da aprobación do orzamento 2020 por parte do Padroado da Vigo Convention Bureau reunido hoxe no Concello. O documento contempla dúas "grandes actuacións": a primeira é a presentación da candidatura de Cíes, Patrimonio medioambiental da Humanidade no vindeiro ano, que para o rexedor "é candidatura gañadora que presentaremos unha vez que se constitúa o goberno".

En segundo lugar, o documento contempla o reforzamento da actuación turística a través do Nadal, "que se está convertendo nun fenómeno turisticamente excepcional; extraordinario" e potenciando ao tempo os eventos concretos do turismo de Vigo: a Reconquista, o entroido, a festa de primavera ou o verán, que xa está consolidado co Marisquiño e outras actuacións. Caballero apuntou tamén que se constata que o funcionamento dos congresos da Vigo Convention Bureau "está indo moi ben e seguiremos nesa dirección".

O alcalde explicou tamén que con esta programación de "impulso turístico da cidade", a fundación sae do marco estrito da Convention Bureau, que está enfocada a congresos. Amais, anunciou que o Padroado tomou a decisión de nomear como novo xerente a Pablo Cameselle, que xa exerceu o cargo antes de ser nomeado Vicevaledor do Pobo de Galicia, función que desempeñou durante os últimos catro anos. O seu no nomeamento, dixo, "é saudado con moito agrado por tódolos membros do Padroado que recordan a súa etapa como moi boa e de gran xerencia e potenciación" do turismo en Vigo.
Descargar todas as imaxes