O Concello reforza o dispositivo do frío esta fin de semana ante a climatoloxía adversa
Abel Caballero adiantou este venres que o goberno de Vigo decidiu reforzar a atención municipal ás persoas sen teito esta fin de semana, dada a previsión climatolóxica adversa, ofrecéndolles cama nos albergues e con máis presenza da unidade de rúa.
Ademais das camas do municipal Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social, os efectivos da unidade de rúa ofrecerán aos sen teito as prazas do albergue da Fundación Santa Cruz, en Teis, en virtude do convenio que teñen asinado co Concello de Vigo.
A atención ás persoas na rúa contará con "máis frecuencia" esta fin de semana dada a climatoloxía adversa prevista, ofrecendo mantas e café, e informándolles da posibilidade de durmir nos albergues da cidade. No reforzo participará tamén Protección Civil, segundo avanzou Caballero, quen concluíu que adicaremos "aínda máis esforzo" esta fin de semana na atención ás persoas sen teito na cidade.