O Nadal de Vigo amplía a súa oferta cunha Carpa Infantil para actividades en Navia
Desde o 27 de decembro ata o 4 de xaneiro o Concello de Vigo instalará unha Carpa Infantil de Nadal en Navia (rúa Teixugueiras, 18-20) na que ofrecerá todo tipo de obradoiros e actividades para os máis cativos.
O Concello porá en marcha o vindeiro día 27 de decembro e ata o 4 de xaneiro unha nova actividade que complementa o programa do Nadal de Vigo. Trátase da Carpa Infantil de Navia na que se ofertarán todo tipo de actividades destinadas ao público infantil.
"Temos un importarte conxunto de actividades de Nadal por toda a cidade e haberá unha actuación en Navia dedicada aos máis pequenos", sinalou o alcalde en rolda de prensa antes de apunta que o lugar escollido e a zona da rúa Teixugueiras 18-20. A iniciativa vai dirixida a menores de 4 a 12 anos cun horario diario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas) excepto os días 31 de decembro (de 11:30 a 14:00), o 1 de xaneiro (de 17:00 a 20:00) e o 3 de xaneiro (de 17:30 a 20:00).
As actividades que se van a realizar todos os días serán obradoiros de manualidades, maquillaxe, chapas, realidade virtual, bloques XXL, Pixel Art (zona de creación de figuras con Hama beds), Plastichef (zona creativa con plastilina), zona libre de pintura, Photocall con araña de 3x2 con logotipo Nadal Vigo e photocall na entrada da carpa con letras de madeira. Ademais, tamén hai actividades especiais (magos, música e espectáculos) e de Normalización Lingüística.
Fin de semana de concertos
O alcalde tamén anunciou que esta fin de semana, entre o 13 e o 15 de decembro, haberá unha intensa actividade cultural na cidade. Así, este venres, ás 20:30 horas na Concatedral de Santa María celebrarase o Concerto Órgano Sacro con David Maceira (entrada gratuíta ata completar aforo).
O sábado serán dúas as citas. Por un lado, ás 19:00 horas, o Concerto Combo de Jazz de Mayeusis na Praza da Pedra e ás 20:00 horas o Concerto de Rubén Simeó e Orquestra 430 no Auditorio Mar de Vigo (entrada gratuíta ata completar aforo). Po último, o domingo 15, ás 19:00 horas haberá un Flasmob na Porta do Sol.
Nadal nos barrios
Por outra banda, desde este domingo día 15 de decembre e ata o 4 de xaneiro o Concello organiza chocolatadas, visitas de Papá Noel, Carteiro Real e actuacións musicais en todos os barrios (Camelias, Calvario, Travesas, entorno Xeral, Navia, Torrecedeira, Pi e Margall, Pereiró, Teis e Bouzas) en colaboración con todas as asociacións de comerciantes e empresarios.