O prazo de pago a provedores foi de 10 días en novembro, o máis curto de toda España
Vigo pagou aos seus provedores en 10 días no mes de novembro, moi por debaixo da media nacional, que oscila entre os 50 e os 60 días. O Concello realiza pagos trimestrais de 36 millóns en 1.700 facturas aproximadamente.
O alcalde avanzou esta mañá que Vigo encabeza a lista de concellos mellor pagadores de España, cunha media de 10 días no mes de novembro, un día menos que en outubro e unha cifra moi por debaixo dos 50 ou 60 días da media nacional. Concretamente, Vigo realiza nun trimestre uns 1.700 pagos que alcanzan unha media de 36 millóns de euros. Isto é posible, dixo, porque "Vigo é un concello exemplar", cunha xestión municipal eficiente e con liquidez. Esta situación contraponse á da Xunta de Galicia que non ten liquidez, senón unha débeda de 11.685 euros, froito dunha "pésima" xestión financeira.
Orzamento 2020
O próximo luns 23 de decembro, o Pleno municipal dará luz verde ás contas para 2020, que ascenden a case 268.000 millóns, o orzamento máis importante da historia da cidade, con dez millóns e medio máis que en 2019. Estas cifras récord volven ser compatibles coa débeda cero, coa presión fiscal máis baixa de Galicia e cun montante de inversións de máis de 43 millóns de euros.