O goberno local destina 1,7 millóns de euros á contratación do servizo de socorrismo e salvamento
Por un período de tres anos, a Xunta de Goberno aprobará na próxima sesión o expediente de contratación para a prestación deste servizo en 10 areais vigueses. Amais, recibirá luz verde tamén o plan de ocupación e explotación dos quioscos das praias.
Abel Caballero avanzou este martes a próxima aprobación na Xunta de Goberno Local do expediente de contratación para a prestación do servizo de vixilancia, socorrismo, salvamento, asistencia sanitaria de primeiros auxilios e seguridade e accesibilidade para o baño de persoas con mobilidade reducida en areais do Concello para os anos 2020, 2021 e 2022, que ten un orzamento de licitación de 1,776 millóns de euros.
Segundo explicou, o servizo estará operativo en 10 areais vigueses: Rodas, Fortiñón, Saiáns, O Vao, Fontaíña, Argazada, Tombo do Gato, Carril e A Punta.
A Xunta de Goberno tamén dará aprobación ao plan de ocupación, instalación e explotación dos quioscos nas praias do termo municipal para o ano 2020 requirindo aos adxudicatarios deste ano 2019 a aceptación ou non da prórroga das autorizacións para o período estival de 2020, do 1 de xuño ao 30 de setembro. Tal e como expuxo o rexedor, o plan comprende as instalacións desmontables dos once quioscos e os aseos que teñen que instalar os adxudicatarios en A Punta, Santa Baia, Tombo do Gato (2), Argazada, Samil (3), O Vao (2) e a ETEA.
Descargar todas as imaxes