Urbanismo inadmite a petición de incluír Porto Cabral na Ordenación Provisional
O alcalde explicou este luns que a Xerencia de Urbanismo negou a solicitude por criterio técnico xurídico ao non ser a promotora do complexo a propietaria do solo de Liñeiriños.
Abel Caballero deu conta este luns da inadmisión a trámite, por parte da Xerencia de Urbanismo, da solicitude de Porto Cabral de ordenación provisional do sector de solo urbanizable delimitado como "Liñeiriños" por falta de lexitimación da promotora Intu-Eurofund que non é propietaria do solo e, non poden, polo tanto, solicitar a inclusión dese solo na ordenación provisional. Engadiu o rexedor que este caso é diferente ao acontecido noutros ámbitos da cidade, como Cruceiro e Recaré, onde foron os propietarios os solicitaron a inclusión na ordenación provisional.
Segundo o alcalde, o rexeitamento da petición non é unha decisión política senón que a Concellería de Urbanismo aplicou criterios estritamente técnico- xurídicos ao non ver acreditada a propiedade do solo por parte do promotor, o que motivou a inadmisión a trámite da mesma. Así "non hai vía a través da ordenación provisional para a pretensión de Intu- Eurofund na zona de Liñeiriños".