Vigo acolle esta fin de semana o Campionato de España de Dominó con 300 parellas participantes
O Concello de Vigo acolleu este xoves a presentación do XXVIII Campionato de España de Dominó por Parellas que se celebrará durante o venres e o sábado no Hotel Bahía. O concelleiro de Cultura, Abel Losada, deu a benvida ás máis de 300 parellas participantes participantes e convidounos a desfrutar de cidade e da oferta cultura e de ocio nestas datas de Nadal. No acto tamén participaron o presidente da Federación Española de Dominó, Faustino Alegría, e o da Federación Galega, Manuel Seonae.