Escoitar

Caballero asegura que "ninguén que queira durmir a cuberto carece de lugar" en Vigo

Segundo os datos que facilitou este mércores o rexedor, a noite pasada houbo 31 prazas vacantes nos albergues da cidade, 6 no municipal e 15 no da Fundación Santa Cruz.

mércores, 4 dec 2019
Abel Caballero declarou hoxe que "ninguén que queira durmir a cuberto carece de lugar na cidade de Vigo. Só dormen ao aire os que queren", e lembrou que o Concello mantén activo o dispositivo de frío co que ofrece café e atención na rúa e informa sobre a dispoñibilidade dos albergues, o servizo de comedor en Marqués de Valterra e o de ducha así como diferentes alternativas durante o día para quen o precise.

Segundo informou o rexedor, esta noite houbo 31 prazas vacantes nos albergues da cidade: 21 para homes e 10 para mulleres. Destas, o albergue municipal de Marqués de Valterra tivo 6 vacantes para homes e ningunha para mulleres mentres na Fundación Santa Cruz, quedaron dispoñibles 15 camas para homes e 10 para mulleres.