Escoitar

Adif garante ao alcalde que Vigo formará parte do corredor atlántico de mercadorías

A presidenta de Adif confirmou a Abel Caballero a inclusión do Porto de Vigo no corredor atlántico de mercadorías como unha prioridade. Isabel Pardo de Vera trasladará ao Concello e fará pública a documentación que oficialice unha incorporación que o alcalde considera "unha necesidade imperiosa" para a cidade.

martes, 3 dec 2019
O alcalde de Vigo deu conta esta mañá "das garantías totais" que a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, lle trasladou sobre a inclusión do Porto de Vigo no corredor do atlántico de mercadorías. Neste senso, a máxima responsable de Adif lle comunicou que se fará público un documento oficial que recolle a incorporación do Porto de Vigo na rede europea de mercadorías como unha cuestión prioritaria. Caballero quixo tranquilizar a empresarios e á propia Autoridade Portuaria, ao tempo que amosou a "súa sorpresa" porque esta inclusión non fora xa unha decisión tomada polo Partido Popular. En rolda de prensa, insistiu en que para Vigo estar no mapa dos corredores europeos é unha necesidade imperiosa" dado que se trata dun Porto de contedores, "mobilizador de moitas mercadorías".