Ceferino de Blas lerá o Bando do Día da Constitución
O Concello conmemora o Día da Constitución cun acto institucional que se celebra este venres, 6 de decembro, ás 12:00 horas da mañá no MARCO. <br />
O alcalde anunciou este luns que o encargado de ler o Bando do Día da Constitución deste ano será Ceferino de Blas, o cronista oficial da cidade, "home de ampla formación xornalística e humanística", apuntou, quen foi director do Faro de Vigo e/ou director xeral do medio durante 22 anos, amais de ter sido responsable La Nueva España de Asturias.
Caballero sinalou que a elección do cronista oficial da cidade como lector do Bando responde a que se trata dun "día moi importante este ano pola situación política e polo sucedido nos últimos tempos. Queremos que sexa un día de reafirmarnos nos procesos democráticos regulados pola Lei de leis e pola seguridade xurídica como corresponde a un país como España, democraticamente avanzado".
O acto de celebración do Día da Constitución terá lugar este venres, día 6 de decembro, ás 12:00 horas da mañá no MARCO.