O Nadal de Vigo abre esta fin de semana a Casa de Papá Noel e as pistas de xeo e karts
Casa de Papá Noel, pista de xeo e pista de karts incorpóranse esta fin de semana ao Nadal de Vigo coa súa apertura ao público. O alcalde avanzou tamén que en tan só cinco días o Nadal Bus xa acumula case 2.000 reservas para facer os percorridos polo alumeado da cidade.
O Nadal de Vigo sumará esta fin de semana novos atractivos. Se o pasado mércores entrou en funcionamento o Cíes Market da Praza de Compostela e a nora, este domingo tocará a quedan á Casa de Papa Noel (18:00 horas) na rúa do Príncipe (fronte ao MARCO). Tamén en Samil abrirán as pistas de xeo e karts (19:00 horas).
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres en rolda de prensa das novas inauguracións e apuntou que o Nadal Bus está sendo "un éxito" nos primeiros días de funcionamento. Así, indicou que cinco días xa ten case 2.000 reservas.
En concreto, entre os días 24 e 28 de novembro, o Nada Bus tivo 693 viaxeiros, dos que 205 utilizaron a PassVigo, e 1.905 reservas, das que 569 son coa tarxeta PassVigo. O ano pasado o Nadal Bus foi utilizado por un total de 15.663 pasaxeiros.