venres, 29 nov 2019
O próximo 23 de decembro Vigo contará cun novo tramo de carril bici operativo, o que discorre entre a Praza Independencia e o cruce de Venezuela con Gran Vía. Deste xeito, avanza un proxecto que conta cun orzamento de 4,5 millóns, dos que 3,5 proceden de fondos da Deputación de Pontevedra.
venres, 29 nov 2019
Casa de Papá Noel, pista de xeo e pista de karts incorpóranse esta fin de semana ao Nadal de Vigo coa súa apertura ao público. O alcalde avanzou tamén que en tan só cinco días o Nadal Bus xa acumula case 2.000 reservas para facer os percorridos polo alumeado da cidade.
venres, 29 nov 2019
O alcalde foi invitado a participar este venres no acto de inauguración da nova biblioteca escolar. As reformas executadas foron financiadas en gran parte coa partida de autoxestión que o Concello de Vigo adica ao centro.