martes, 26 nov 2019
O Concello adica 52 millóns a políticas sociais, o que supón un incremento de dun 288% máis respecto ao ano 2007. En rolda de prensa, a concelleira de Política Social asegurou que a administración local vese na obriga de suplir as carencias e a falta de xestión da Xunta de Galicia na cidade.
martes, 26 nov 2019
A concelleira Uxía Blanco expuxo os diferentes programas que desenvolve o goberno municipal na área de igualdade e muller, na atención ás vítimas de violencia de xénero e na prevención e concienciación.
martes, 26 nov 2019
Entre os días 25 e 29 de novembro a Ronda de Don Bosco, esquina coa Rúa Príncipe (ao lado esquerdo do MARCO), en horario ininterrumpido de 10 a 20h, acollerá a edición anual do tradicional mercadillo "De Boa Man", un espazo para a exposición e venda de produtos artesanais que da a coñecer e pon en valor as capacidades laborais das persoas con discapacidade.