A campaña "De Boa Man" comeza a súa edición anual para a exposición e venda de produtos artesanais elaborados por persoas con discapacidade
Entre os días 25 e 29 de novembro a Ronda de Don Bosco, esquina coa Rúa Príncipe (ao lado esquerdo do MARCO), en horario ininterrumpido de 10 a 20h, acollerá a edición anual do tradicional mercadillo "De Boa Man", un espazo para a exposición e venda de produtos artesanais que da a coñecer e pon en valor as capacidades laborais das persoas con discapacidade.
A iniciativa, promovida polo Concello de Vigo en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Príncipe, reúne o traballo artesanal e creativo realizado nos obradoiros de 10 entidades sociais da cidade de Vigo: ASPANAEX (Asociación a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual), ALENTO (Asociación de Daño Cerebral), FUNDACIÓN MENELA (Atención especializada a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo), COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), DOA (Asociación de Saúde Mental), XARUMA (Asociación de Saúde Mental e Participación Social), CHUVI (Rehabilitación-Rebullón), SAN RAFAEL(Centro de Atención a persoas con Discapacidade Intelectual), ASPAVI (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual) e ASEM (Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares).
De Boa Man facilita un espazo de encontro que da visibilidade e pon en valor as capacidades laborais das persoas con discapacidade quenes, cos apoios necesarios, poden desenvolver un traballo de calidade. Ao mesmo tempo "De Boa Man" pretende involucrar a todo o tecido social na inclusión de persoas con diversidade e ofertar un comercio alternativo de calidade nestas datas.
Descargar todas as imaxes