O Concello testa os campamentos infantís no Nadal con 250 prazas gratuítas
Para ampliar as posibilidades de conciliación das familias no Nadal, o goberno de Vigo ofrece 100 prazas en actividades de dinamización na Casa da Xuventude e no pavillón de Coia e outras 250 vacantes nos pavillóns do Berbés, Navia e Bouzas, para nenos e nenas de 4 a 12 anos.<br />
Segundo informou este luns o alcalde, o Concello estende este ano o modelo dos campamentos estivais ao período non lectivo do Nadal. Así, este "proxecto piloto" promovido polo goberno de Vigo ofrece un total de 250 prazas para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, desde o 23 de decembro ata o 3 de xaneiro.
O goberno vigués propón a realización de obradoiros, conta contos, xogos, animación... sempre vinculado con temática de Nadal. Será os días 23, 26, 27 e 30 de decembro, e o 2 e 3 de xaneiro. Con esta iniciativa, a administración local procura ampliar as opcións de conciliación das que dispoñen as familias no Nadal.
Explicou Abel Caballero que se ofertan 100 vacantes en actividades de dinamización infantil, na Casa da Xuventude e no pavillón de Coia desde as 08h ás 16h. Aquí a inscrición realízase no propio lugar de celebración da actividade, por orde de chegada e ata completar aforo.
Ademais, o Concello dispón doutras 150 prazas en campamentos do Nadal, nos pavillóns do Berbés, Navia e Bouzas, desde as 07:45h ata as 15:15h. Neste caso, e seguindo o formato estival, é preciso anotarse na páxina web municipal do día 2 ao 8 de decembro e o sorteo da prazas será o 12 de decembro.
Bibliotecas
Por outro lado, Abel Caballero informou da ampliación de horarios da biblioteca central Juan Compañel e da sala de lectura do Auditorio Mar de Vigo, de cara ao período de exames. Do día 2 ao 19 de decembro, a central do Casco Vello abrirá ata as doce da noite de luns a sábado e os domingos, de 10 a 14h.
O espazo municipal do Auditorio Mar de Vigo amplía os seus horarios desde o 1 de decembro ata o 23 de xaneiro. Operará desde as nove da mañá ata as doce da noite de luns a domingos, salvo os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro que permanecerá pechado e os días 24 e 31 de decembro, que abre de 9 a 14h.