Escoitar

Máis de 1.400 estudantes "enlazan" Vigo contra a violencia de xénero no Auditorio

O Auditorio Mar de Vigo foi esta mañá o escenario do Enlaza Vigo contra a violencia de xénero, un acto reivindicativo de loita pola igualdade no que participaron máis de 1.400 alumnos de 38 centros de Vigo. Ademais de iluminar de xeito simbólico un gran telón con luces violetas, os estudantes participaron en obradoiros e charlas informativas.

luns, 25 nov 2019
1574688806enlaza.jpeg
Baixo o lema "Micromachismos: pasamos á acción", alumnos de 38 centros de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional participaron esta mañá no Enlaza Vigo contra a violencia de xénero, un acto organizado no Auditorio Mar de Vigo no que os participantes iluminaron un gran telón con luces violetas. Na posterior rolda de prensa, o alcalde reforzou a mensaxe da importancia de seguir sensibilizando aos máis novos sobre a igualdade e sobre a loita contra as violencias machistas.
En 2013, o "Enlaza Vigo" do Concello, recibiu o Premio de "Boas prácticas contra a violencia de xénero" outorgado pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero e a Federación Española de Municipios e Provincias.

Máis de 1.400 estudantes participaron las distintas actividades que se desenvolveron no Auditorio Mar de Vigo ao longo da mañá. Entre outros, amosáronse experiencias escolares que se están a levar a cabo en seis centros de Secundaria da cidade (IES Ricardo Mella, Politécnico, Alexandre Bóveda, Castelao, Audiovisual de Vigo e IES de Teis); actividades informativas e participativas nas que o alumnado coñeceu campañas de prevención así como exposicións de traballos e vídeos escolares realizados nas anteriores edicións de Enlaza Vigo. Estas actividades complementarias permanecerán dispoñibles esta tarde, entre as 16,30 e as 19,30 h, no Auditorio Mar de Vigo.
1574688806enlaza.jpeg
1574688808enlaza.jpeg
Descargar todas as imaxes