Escoitar

O mal tempo obriga a aprazar ata o 27 de novembro a inauguración da noria

O Concello posporá ata o próximo mércores 27 de novembro a inauguración da noria e do mercadiño de Nadal, instalados na Alameda. O mal tempo impide abrir ao público estas instalacións mañá domingo, tal e como estaba previsto nun principio.

sábado, 23 nov 2019
O mercadiño de Nadal e a noria poranse en marcha o próximo mércores 27 de novembro -ás 18,00 e ás 18,30 h- respectivamente, unha vez que as adversas condicións climatolóxicas impiden ao Concello inauguralas mañá, segundo estaba previsto na planificación municipal.